Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40899

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 11 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, polo que se notifica a resolución ditada no recurso de alzada interposto polas persoas interesadas no expediente OU-PF-2012/97, devolta polo servizo de Correos porque intentada a notificación non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan a resolución ditada no recurso de alzada devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificacin, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar a resolución na Dirección Xeral de Xustiza, situada na praza de Europa 5A-4º, As Fontiñas, Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia das persoas interesadas, se é o caso.

Recorrentes: Ada Iria Cintra de la Torre e Filipe Manuel Borges; expediente: OU-PF-2012/97; tipo de resolución: desestimación do recurso de alzada.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2012

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza