Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2012, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se somete a información pública o expediente de unificación e reestruturación das concesións de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7060 XG-434, entre Ourense e Entrimo con anexos, e V-7070 XG-444, entre Ourense e o polígono de San Cibrao con anexos.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iníciase o expediente de unificación e reestruturación das concesións de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7060 XG-434, entre Ourense e Entrimo con anexos, e V-7070 XG-444, entre Ourense e o polígono de San Cibrao con anexos, da titularidade da empresa Anpián, S.A.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, despois do exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Ourense (rúa José Ángel Valente, 2) efectuar las alegacións que coiden oportunas no prazo de trinta días, que se contarán a partir do día siguiente ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 19 de outubro de 2012

José Enrique Rivera Sáez
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense