Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40668

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 10 de outubro de 2012 pola que se notifica a resolución de recurso de alzada interposto contra a resolución do Servizo de Estradas da Delegación desta Axencia na Coruña en materia de expropiación forzosa, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido practicar (expediente E/68/09).

A Dirección Xeral de Infraestruturas, actuando por delegación do conselleiro de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas (Orde do 11 de maio de 2009; DOG nº 99, do 22 de maio), ditou resolución do recurso de alzada interposto pola persoa que se indica no anexo, contra a resolución ditada no seu día polo Servizo Provincial de Estradas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas denegatoria da solicitude de reversión, pronunciándose a resolución do recurso no senso desestimatorio.

Intentada a notificación persoal conforme establece o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, non foi posible a súa práctica. Por medio do presente anuncio, e segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da devandita norma legal, notifícaselle ao interesado o contido da referida resolución.

O texto íntegro da resolución referenciada nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa, da Axencia Galega de Infraestruturas, sito nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela, ou ben no Servizo de Estradas da Delegación desta Axencia na Coruña, praza Luís Seoane, s/n.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento que contra esta resolución, que é definitiva na vía administrativa, pode interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

E para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2012.

Ethel María Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Recorrente: José María Trillo Ogando.

Materia: reversión-estrada C-552, treito Vimianzo-Berdeogas.

Predio: 133, termo municipal de Vimianzo.