Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 10 de outubro de 2012 pola que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia das resolucións sancionadoras ditadas nos expedientes administrativos incoados por infracción da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentadas as notificacións non se puideron efectuar (expediente SANC/42/12 e tres máis).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas ditou resolución nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa reguladora en materia de estradas que se relacionan no anexo.

Nas devanditas resolucións, ademais de impoñer sanción de multa nos casos que se indica (sinalando «Resolución sancionadora»), acordouse ordenar tamén a restitución do medio físico ás condicións anteriores á comisión da infracción no prazo sinalado en cada resolución, contado desde a notificación (artigo 47.3 LEG), con expresa advertencia da posibilidade de impoñer multas coercitivas (artigo 47.4 LEG) e a posibilidade de proceder á súa execución subsidiaria a cargo do causante.

Intentada a notificación persoal destas, consonte establece o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non foi posible a súa práctica.

Por medio do presente anuncio, e segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da devandita norma legal, emprázanse os interesados que se indican no anexo para seren notificados por comparecencia das resolucións cuxo contido se sinala. A comparecencia, que poderán realizar os interesados, deberá efectuarse no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa, da Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no Servizo da Delegación da Axencia na provincia correspondente.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento que esta resolución sancionadora non esgota a vía administrativa, e se pode interpoñer recurso de alzada ante o presidente da Axencia. O prazo de interposición do devandito recurso será dun mes computado desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez días antes sinalado ou da comparecencia do interesado, de ser o caso.

A sanción imposta deberá facerse efectiva mediante ingreso en calquera oficina da entidade financeira BBVA, conta corrente operativa da Axencia Galega de Infraestruturas, 0182 5947 11 0201503156, NIF Q1500376G; e de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, consonte regula o artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

E para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2012

Ethel María Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Expediente:

SANC/42/12 Ref. Bis: 35/12.

Denunciado:

Último enderezo coñecido:

José Martínez Outón.

O Carrascal, 5, Uma, Salvaterra de Miño.

Feito denunciado:

Data, estrada, p.q.:

peche diáfano.

30.1.2012, PO-402, p.q. 12+800.

Resolución:

sancionadora.

Expediente:

SANC/54/10 Ref. Bis: 46/10.

Denunciado:

Último enderezo coñecido:

José Luis Domínguez Domínguez (Hotel Galaico).

O Vinquiño, Padriñán, Sanxenxo.

Feito denunciado:

Data, estrada, p.q.:

instalar postes en dominio público.

14.1.2010, PO-303, p.q. 9+200.

Resolución:

sancionadora.

Expediente:

LEVE/2/12 Ref. Bis: 4/12.

Denunciada:

Último enderezo coñecido:

Construcciones y Promociones Malayo, S.L.

Sorrego, 6, Vigo.

Feito denunciado:

Data, estrada, p.q.:

construír acceso sen autorización.

25.11.2011; PO-341; p.q. 3+630.

Resolución:

sancionadora.

Expediente:

LEVE/3/12 Ref. Bis: 45/12.

Denunciada:

Último enderezo coñecido:

Gas Galicia, S.A.

Tomás Alonso, 162, 2º, Vigo.

Feito denunciado:

Data, estrada, p.q.:

non repoñer sinalización.

30.5.2011; PO-250; p.q. 0+100.

Resolución:

sancionadora.