Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40670

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2012 pola que se modifica a Resolución do 27 de setembro de 2012 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria, dos contratos non suxeitos a regulación harmonizada, de execución das obras que se citan (expediente PO-13-04-12-01 e un máis).

No número 5.b) da Resolución do 27 de setembro de 2012, da entidade pública Portos de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 194, do 10 de outubro de 2012, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria, dos contratos non suxeitos a regulación harmonizada, de execución das obras que se citan (expediente PO-13-04-12-01 e un máis), disponse que os pregos e os cadros de características de cada contrato (CCC) se poderán obter no perfil de contratante.

Advertido erro no contido do CCC que rexerá a licitación das obras do dique aboiante para o abrigo do porto do Xufre (A Illa de Arousa-Pontevedra), con clave PO-13-04-12-01, descritas no número 2.A/ da devandita resolución, cómpre efectuar a seguinte modificación no devandito documento:

– No número 3 do CCC, referido a anualidades e financiamento, onde di: «2012: 1.138.488,54 (IVE excluído)», debe dicir: «2013: 1.138.488,54 (IVE excluído)».

– Obtención de información e da documentación corrixida:

1. Entidade: División de Contratación de Portos de Galicia. Teléfono: 881.881.645.

2. Enderezo na internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=18050

– Prazo de presentación de proposicións:

Mantense o prazo de presentación de ofertas para participar na licitación convocada para adxudicar a contratación das obras do dique aboiante para o abrigo do porto do Xufre, que rematará o día 5 de novembro de 2012, ás catorce (14.00) horas.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia