Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 10 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica á interesada a resolución do expediente sancionador ES-P-0009/12.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido e sendo devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido, notifícaselle á interesada a resolución do expediente sancionador que se indica no anexo.

Pontevedra, 10 de outubro de 2012

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesada: Espiga Salceda, S.L.

Expediente: ES-P-0009/12.

Último domicilio coñecido: As Cachadas, s/n, estrada de Mondariz, km 0,5. Ponteareas, Pontevedra.

Indicación do contido: notifícaselle a resolución do expediente sancionador ES-P-0009/12, na cal se dispón que non se sancione a Espiga Salceda, S.L., nin a Emilio Nava Peláez, e que se proceda ao arquivamento do expediente sancionador, por prescrición da infracción que se lles imputa.

Alegacións: contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes, que se contará a partir do seguinte ao da recepción desta notificación conforme o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.