Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40672

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2012 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración correspondente ao expediente 34/12.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2) Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, Campus As Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: 36310, Vigo.

4) Teléfono: 986 81 37 67.

5) Telefax: 986 81 38 57.

6) Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 34/12.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: perfilómetro de agulla de alta resolución 2D estendido a 3D.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Enderezo: CACTI no Campus das Lagoas-Marcosende en Vigo.

2) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

e) Prazo de entrega: 3 meses.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV: 33000000-0 e CPA: 32-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1) Prezo: 40 puntos.

2) Calidade da oferta: 30 puntos.

3) Calidade do software: 20 puntos.

4) Ampliación do prazo de garantía: 5 puntos.

5) Redución do prazo de entrega: 5 puntos, de acordo co establecido na folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 63.000 euros.

5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto 63.000 euros + 13.230 euros de IVE a soportar.

6. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: papel, 3 sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2) Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, planta baixa, Campus As Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4) Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na Sala de Xuntas do Edificio de Xerencia-Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: 36310, Vigo.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán a cargo do adxudicatario, aproximadamente 1.000  euros.

11. Outras informacións: Feder 2010. UNVI10-1E-1450. Finánciase parcialmente con fondos Feder nun 70 %, no marco dos programas operativos rexionais do obxectivo de competividade rexional e emprego de programación. Data límite para executar a aplicación dos fondos 31.12.2012. Está solicitada unha prórroga deste prazo.

Vigo, 22 de outubro de 2012

P.D. (Resolución reitorial 5.9.2011; DOG do 14 de setembro)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo