Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40676

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Entrimo

ANUNCIO de información pública relativo a unha planta de procesado forestal.

Celso Marra Bolaño, con DNI 76713920-L, en representación de Madeiras do Xurés, S.L.U., con CIF B-32343816, solicitou licenza municipal para proceder á construción dunha planta de procesado forestal e de produción de fertilizantes e emendas orgánicas a partir de biorresiduos, na parcela 427 do polígono 42, lugar da Turgueira.

De conformidade co establecido no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, ábrese un trámite de información pública por un período de vinte días, mediante anuncio no BOP de Ourense, no DOG e no taboleiro de edictos do Concello, co fin de que durante este tempo poidan examinar o expediente na Secretaría Municipal todos aqueles interesados que se consideren afectados pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Entrimo, 19 de outubro de 2012

Ramón Alonso López
Alcalde