Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40677

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de información pública sobre ampliación e reforma de explotación de porcino.

Sandra García López (representada por Miguel López Castro) solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a actividade de ampliación e reforma de explotación de porcino, que se situará en Soutiño-Toedo, cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a computarse desde o día seguinte ao da última inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, no Departamento Municipal de Urbanismo, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.

A Estrada, 2 de agosto de 2012

José C. López Campos
Alcalde presidente