Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2012 Páx. 40403

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (56/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 56/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Croques Rodríguez contra a empresa Dreithree Hostelería Restauración, S.L., e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Sentenza: 673/2012.

Autos: 56/2012.

Na Coruña, 12 de setembro de 2012.

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento, por instancia de Ana María Croques Rodríguez, que comparece representada polo letrado Sr. Méndez Sanjurjo, contra a empresa Dreithree Hostelería, Restauración y Servicios, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte:

Decido que, estimando a demanda interposta por Ana María Croques Rodríguez contra a empresa Dreithree Hostelería, Restauración y Servicios, declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 1.12.2011 e condénoa a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir a demandante no seu posto de traballo ou indemnizala pola extinción da relación laboral coa cantidade, salvo erro ou omisión, de oito mil douscentos vinte e oito euros e vinte e cinco céntimos (8.228,25 €), con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, en contía de corenta e un euros e corenta céntimos (41,40 €) diarios; debendo poñer en coñecemento do xulgado no prazo antes dito, se opta ou non pola readmisión.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e contra a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto. A consignación en metálico pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, en que se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de trescentos euros preceptiva para impugnar, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a empresa Dreithree Hostelería Restauración, S.L., procédese á publicación no Diario Oficial de Galicia para todos os efectos.

A Coruña, 5 de outubro de 2012

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial