Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2012 Páx. 40201

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5613/2009).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 5613/2009, a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos 747/2006, do Xulgado do Social número 4 da Coruña, promovidos pola entidade Preisberk de Construcciones, S.L. contra Josefina Pena Varela, no seu nome e no dos seus fillos José, Jacobo, Manuel e María García Pena, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a entidade Ecinsa, sobre recarga de accidente, con data do 28 de setembro de 2012 se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que desestimando o recurso de suplicación formulado polo letrado Carlos Puga Trigás, en nome e representación de Preisberk de Construcciones, S.L., contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña, con data do 2 de setembro de 2008, recaída en autos 747/2006, seguidos por instancia de Josefina Pena Varela, no seu nome e no dos seus fillos José, Jacobo, Manuel e María García Pena, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Preisberk de Construcciones, S.L. e a entidade Ecinsa, debemos confirmar e confirmamos integramente a resolución contra a cal se recorreu, con imposición das custas causadas no recurso á empresa recorrente, que comprenderán os honorarios do letrado impugnante do seu recurso por importe de 300 euros, así como, de ser o caso, a perda dos depósitos e consignacións efectuados para recorrer.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

- O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Ecinsa, con último domicilio coñecido na Coruña, expido e asino este edicto.

A Coruña, 28 de setembro de 2012

A secretaria xudicial