Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2012 Páx. 40199

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4298/2009).

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Secretaria: M. Asunción Barrio Calle.

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 4298/2009 CRS.

Materia: reclamación cantidade.

Recorrentes: Luis Ángel Fernández Vidal. Lda. Carmen Calvo Moya.

Fax: 986 48 30 79.

Recorridos: Fogasa, Claudio César González Casas Bop.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 5 de Vigo.

Demanda: 402/2009.

Secretaria: María Asunción Barrio Calle.

Nas actuacións número 4298/2009 a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos 402/2009, do Xulgado do Social número 5 de Vigo, promovidos por Luis Ángel Fernández Vidal contra Claudio César González Casas, sobre reclamación de cantidade, con data do 26 de setembro de 2012 se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que, desestimando o recurso de suplicación formulado pola representación letrada do demandante Luis Ángel Fernández contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo, con data do 10 de xullo de 2009, recaída nestes autos 402/2009 sobre reclamación de cantidade, seguidos por instancia do citado recorrente contra a empresa Claudio César González Casas, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte Claudio César González Casas de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Claudio César González Casas, expido e asino este edicto.

A Coruña, 26 de setembro de 2012

A secretaria xudicial