Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2012 Páx. 40273

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 10 de outubro de 2012 pola que se notifica a reclamación de custos ocasionados pola reposición de balaustrada e banco de madeira do paseo marítimo de Vilaxoán.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia a Antonio Jiménez Pérez, con DNI 35325038, en tanto que propietario do vehículo Mercedes Vito, con matrícula 5089-GNM, a reclamación dos custos ocasionados pola reposición de balaustrada e banco de madeira do paseo marítimo de Vilaxoán, como consecuencia de accidente acaecido o día 14 de marzo de 2012 e documentado en atestado da Policía Local, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido sito na avda. Cambados 157, 5A, 36611 Vilaxóan-Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

O importe dos custos derivados da reposición de balaustrada e banco de madeira do paseo marítimo de Vilaxóan, executado de maneira subsidiaria por razóns de urxencia ascende á cantidade de mil seiscentos vinte e oito euros con cinco céntimos de euro (1.628,05 euros), IVE incluído.

A reclamación efectúase ao abeiro do artigo 66 do Regulamento de servizo e policía portuarios do 12 de xuño de 1976, e dos artigos 96, 97 e 98 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Na súa virtude requírese a Antonio Jiménez Pérez, con DNI 35325038, para que proceda nos prazos previstos no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, a aboar a cantidade de mil seiscentos vinte e oito euros con cinco céntimos de euro (1.628,05 euros), IVE incluído.

Para o pagamento da dita cantidade deberá empregarse o modelo de impreso que se facilitará en servizos centrais de Portos de Galicia sitos en Área Central, praza de Europa, portal 5-A, de Santiago de Compostela, número de teléfono 902 40 08 70.

De non aboarse a dita cantidade no prazo sinalado, esta será exixida pola la vía de constrinximento.

O expediente completo encóntrase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia onde poderá ser examinado en horario das 9.00 ás14.00 horas.

A reclamación que efectúa a Dirección do ente público e que ten eficacia executiva non esgota a vía administrativa polo que contra ela cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente de Portos de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación.

E para que conste e lle sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2012

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia