Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2012 Páx. 40270

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2012 pola que se fai pública a formalización de varios contratos administrativos.

A directora da Axencia Galega de Infraestruturas, ao abeiro das competencias atribuídas polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, resolveu formalizar os seguintes contratos administrativos:

I.

1. Entidad adxudicataria:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Número de expediente: SC/12/033.08 (S/002/2012).

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17441

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de subministracións.

b) Descrición: subministración de combustible para os vehículos adscritos á Axencia Galega de Infraestruturas.

c) Medios e datas de publicación do anuncio de licitación: DOG (8.5.2012), BOE (4.5.2012), DOUE (3.5.2012).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 142.523,37 €. Importe total: 168.177,58 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 27.7.2012.

b) Data de formalización do contrato: 1.10.2012.

c) Adxudicatario: Solred, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 142.523,37 €. Importe total: 172.453,28 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

II.

1. Entidad adxudicataria:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Número de expediente: AC/11/034.02 (AT/003/2012).

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17358

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contrato de servizo en materia de seguridade e saúde nas obras de conservación e explotación das estradas autonómicas da provincia da Coruña.

c) Medios e datas de publicación do anuncio de licitación: DOG (20.4.2012), BOE (18.4.2012), DOUE (11.4.2012).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 149.083,20 €. Importe total: 175.918,18 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 27.8.2012.

b) Data de formalización do contrato: 2.10.2012.

c) Adxudicatario: Applus Norcontrol, S.L.U.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 111.066,98 €. Importe total: 134.391,05 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2012

Ethel María Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas