Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2012 Páx. 40268

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 9 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador ICA-OU-0017/2011-PC.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente ICA-OU-0017/2011-PC.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situada na rúa do Camiño Francés, nº 10, Santiago de Compostela (A Coruña), en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a presente resolución, que non finaliza a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou ben interpoñer recurso contencioso-administrativo, a súa elección ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente ao seu domicilio ou no de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, consonte co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2012

Tomás Fernández-Couto Juanas
Xecretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente nº: ICA-OU-0017/2011-PC.

Denunciado: Embutidos Artesanos de Galicia A Lareira, S.L.

Último enderezo coñecido: Alto do Cañizo, 32548 A Gudiña (Ourense).