De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas o requirimento de pagamento que se detalla no anexo.
Pontevedra, 25 de setembro de 2012
(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
ANEXO
Expediente: P-025/11.
Nome: Ramón Tajes Barros e María Teresa Dios Fontán.
Enderezo: rúa Reino Unido, núm. 10, 2º D, Monte Porreiro, Pontevedra.
Asunto: requirimento de pagamento.
Débeda: 5.258,64 €.