Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2012 Páx. 40171

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrón

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan parcial do solo urbanizable industrial en Estramundi de Abaixo.

En cumprimento do establecido no artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, faise público que por Resolución do alcalde número 622/2012, do 18 de setembro, aprobouse inicialmente o Plan parcial do solo urbanizable industrial de Estramundi de Abaixo.

Durante o prazo dun (1) mes, contado desde a inserción do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, todas as persoas interesadas poderán consultar o expediente na secretaría do Concello de Padrón, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas, e os sábados de 9.00 a 13.00 horas, e presentar as alegacións ou suxestións que consideren oportunas.

Padrón, 19 de setembro de 2012

Antonio Fernández Angueira
Alcalde