Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2012 Páx. 40170

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Muros

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual do Plan especial de protección do conxunto histórico-artístico de Muros.

En sesión do día 13 de setembro de 2012, o Pleno da Corporación aprobou inicialmente a modificación puntual do Plan especial de protección do conxunto histórico-artístico (PEPCHA) da vila de Muros, en relación co predio situado na rúa Venus, número 4. O obxecto da modificación puntual é acadar unha maior integración do inmoble dentro co conxunto histórico-artístico e unha mellora do espazo urbano coa eliminación das medianeiras existentes nos seus lindes. Así mesmo, proponse a eliminación do actual beiril existente na edificación con fronte á rúa Venus. Xustifícase na documentación presentada o mantemento do aproveitamento urbanístico actual, co cal a modificación puntual non supón incremento do aproveitamento urbanístico da parcela. Sométese o expediente a exposición pública durante o prazo dun mes.

Muros, 17 de setembro de 2012

Caridad González Cerviño
Alcaldesa