Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2012 Páx. 40169

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO polo que se publican diversos nomeamentos, polo procedemento de libre desingación.

O día 5 de outubro de 2012 o concelleiro da Área de Economía, Facenda, Emprego e Recursos Humanos, no uso das atribucións conferidas por Decreto da Alcaldía do 13.6.2011, adoptou tres resolucións, por medio das cales se acordan os seguintes nomeamentos:

– Nomear, polo procedemento de libre designación, a Iria Díaz Gavela para o desempeño do posto de xefa de Sección de Intervención.

– Nomear, polo procedemento de libre designación, a Iria María Buján Vázquez para o desempeño do posto de xefa de Sección de Cultura, Educación, Deportes e Turismo.

– Nomear, polo procedemento de libre designación, a Emmanuel López Ares para o desempeño do posto de xefe de Sección de Medio Ambiente e Urbanismo.

As retribucións destes postos serán as establecidas no cadro orzamentario vixente consonte o establecido no acordo plenario do 26.1.2012.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 16 de outubro de 2012

José Manuel Rey Varela
Alcalde