Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2012 Páx. 40167

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do arrendamento con opción de compra do material ofimático e software de base para varios centros do Servizo Galego de Saúde-Consellería de Sanidade (AI-SER1-12-005), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos proxectos Innova Saúde e Hospital 2050.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AI-SER1-12-005.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: arrendamento con opción de compra do material ofimático e software de base para varios centros do Servizo Galego de Saúde-Consellería de Sanidade.

c) Lote (de ser o caso): si, 5.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 30200000-1, 30213000-5, 30213100-6, 30231310-3, 30232110-8, 30237460-1, 30233300-4 e 30216200-8.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

g) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia nº 70, do 12 de abril de 2012.

Boletín Oficial del Estado nº 81, do 4 de abril de 2012.

Diario Oficial de la Unión Europea nº 2012/S 66-107847, do 4 de abril de 2012.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 3.040.306,98 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 3.039.850,38 euros. Importe total: 3.587.023,45 euros.

6. Formalización dos contratos.

a) Data de adxudicación: 29.5.2012 (lotes 1, 2, 3 e 5) e 30.7.2012 (lote 4).

b) Data de formalización: 20.6.2012 (lotes 1, 2 e 3), 20.8.2012 (lote 4) e 16.6.2012 (lote 5).

Lote

Empresa adxudicataria

Adxudicación total con IVE

1

Hewlett-Packard Española, S.L.

2.772.894,60

2

Hewlett-Packard Española, S.L.

180.864,18

3

Hewlett-Packard Española, S.L.

36.505,56

4

Tecnologías Plexus, S.L.

141.375,36

5

Bahía Software, S.L.

122.599,68

              Total                                                                        3.254.239,38

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2012

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos