Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2012 Páx. 40166

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 18 de setembro de 2012 polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento para resolver a adxudicación da parcela 28 do parque empresarial de Bóveda e incautar a garantía provisional constituída.

Por non ser posible notificar polo servizo de Correos, e de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 16, do 19 de xaneiro), notifícase mediante este anuncio ao interesado, cuxo último domicilio coñecido se sinala no anexo, o acordo de inicio do procedemento para resolver a adxudicación da parcela 28 do parque empresarial de Bóveda e incautar a garantía provisional constituída.

Así mesmo, e en virtude do artigo 84 da antedita lei, e antes de redactar a proposta de resolución, dáselle audiencia ao interesado para que, nun prazo de dez días, presente as alegacións e achegue documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2012

Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento/trámite de audiencia.

Interesado: Jonatan Arias García.

Enderezo: rúa da Agra, 43, Teilán, 27359 Bóveda (Lugo).