Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2012 Páx. 40172

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de licitación para contratar, mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, os seguros privados para vehículos municipais, responsabilidade civil patrimonial e seguro de vida e accidentes deste concello.

Aprobado polo Pleno en sesión ordinaria do 27 de setembro de 2012 o prego de cláusulas administrativas particulares e os de prescricións técnicas que rexerán na licitación, mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, para contratar os seguros privados para vehículos municipais, responsabilidade civil patrimonial e seguro de vida e accidentes do Concello de Redondela, faise público para os efectos de presentación de proposicións e ofertas polos licitadores interesados, o seguinte anuncio:

1. Entidade que adxudica: Concello de Redondela. Dependencia: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato: a suscrición por parte do Concello de Redondela, como tomador, das pólizas de seguros privados referidas aos seguintes grupos de riscos:

Lote 1: seguro de vehículos propiedade ou en posesión do Concello de Redondela de acordo coa relación anexa ao prego de prescricións técnicas particulares (PPTV) en que figuran as datas de remate das pólizas vixentes.

Lote 2: responsabilidade civil patrimonial.

Lote 3: seguro de vida e accidentes do persoal funcionario e laboral do Concello de Redondela.

Lugar de execución: Redondela (Pontevedra).

Duración do contrato: tres anos prorrogables por outros tres anos, ata un máximo de seis anos.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto, regulación harmonizada.

4. Valor estimado: 588.000,00 euros coa seguinte desagregación:

– Seguro de vehículos propiedade ou en posesión do concello (lote 1): 78.000,00 euros, a razón de 13.000,00 euros por ano para todo o contrato, incluída a prórroga.

– Responsabilidade civil patrimonial (lote 2): 300.000,00 euros, a razón de 50.000,00 euros por ano para todo o contrato, incluída a prórroga.

– Seguro de vida e accidentes do persoal funcionario e laboral do Concello de Redondela (lote 3): 210.000,00 euros, a razón de 35.000,00 euros por ano para todo o contrato, incluída a prórroga.

5. Garantía definitiva: 5 por 100 do prezo de adxudicación do contrato, calculado en función do importe da prima anual establecida para cada lote ofertado polo licitador adxudicatario considerando o prazo de 3 anos do contrato.

6. Obtención da documentación e información: Oficina de Contratación do Concello de Redondela, planta baixa da Casa do Concello. Rúa Alfonso XII, 2, de Redondela. Teléfono (986) 40 03 00. Fax: (986) 40 38 94. Correo electrónico: contratacion@redondela.es

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe. Deberá acreditarse a solvencia económica, financeira e técnica ou profesional na forma establecida no punto A.7) da cláusula 14 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas: 47 días naturais contados a partir do envío do presente anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea.

Documentación: a exixida na cláusula 14 do prego de cláusulas administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Redondela ou por correo na forma legalmente determinada ao enderezo rúa Alfonso XII, 2, 36800 Redondela, ata as 14.00 horas do último día de prazo. Se o último día fose sábado, domingo ou festivo, o prazo rematará o inmediato día hábil seguinte. Cando a documentación sexa enviada por correo, o empresario deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (986 40 38 94) ou telegrama no mesmo día.

9. Apertura de ofertas: data e hora: 10.00 horas do quinto día hábil (non sábado) seguinte ao da data de remate do prazo de presentación.

10. Criterios de valoración das ofertas: os establecidos na cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas particulares para cada un dos lotes.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario ata un máximo de 2.500,00 €.

12. Data de envío ao Diario Oficial de la Unión Europea: 28 de setembro de 2012.

13. Páxina web para obtención de información, PCAP e PPT: www.redondela.es

Redondela, 28 de setembro de 2012

Javier Bas Corugeira
Alcalde