Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2012 Páx. 40040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica LMT Regueiro no concello de Padrenda (expediente IN407A 2012/18-3).

Examinado o expediente instruído por pedimento da empresa San Miguel 2000 Distribución Eléctrica, S.L.U., con enderezo para os efectos de notificación na rúa Coruña, 20, baixo, 36700 Tui, Pontevedra, resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 30 de abril de 2012, a citada empresa solicita a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da citada instalación, presentando a perceptiva documentación a que fai referencia o Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, pola que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Segundo. As características técnicas da instalación son as seguintes:

LMT a 20 kV Regueiro, que consta de: 1. LMT aerosubterránea, en dobre circuíto, con entrada e saída no CD Vilar (expediente 2011/07), de 275 m en aéreo, con condutor LA-56 e 346 m en subterráneo, con condutor RHZ1 12/20 kV 150 mm2 Al. 2. LMT aérea de 190 m, en circuíto simple, de conexión con LMT derivación S. Roque. 3. LMT aérea de 123 en circuíto simple, de conexión con liña xeral existente.

Orzamento: 89.063,01 euros.

Terceiro. A Resolución do 9 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, somete a información pública a citada instalación e foi publicada no BOP de Ourense o día 14 de xuño de 2012 e no DOG o día 7 de agosto de 2012.

Cuarto. O día 15 de xuño de 2012, co número de rexistro de entrada 7154, presenta escrito de alegacións Javier Vázquez Rodríguez, que se considera afectado polo trazado desta modificación de proxecto; cómpre indicar ao respecto que a empresa eléctrica manifesta que se manterá o trazado actual á altura da súa propiedade, polo tanto, non existirían incrementos de servidumes, se isto non for deste xeito o promotor, en caso de non existir acordo, deberá iniciar os trámites correspondentes para a declaración de utilidade pública da liña eléctrica.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación/notificación; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente.

Ourense, 21 de setembro de 2012

P.S.L. (Decreto 324/2009, do 11 de xuño)
Alfonso Tomás Paz Doníz
Xefe de Servizo de Administración industrial