Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2012 Páx. 40038

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2012, da XefaturaTerritorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica LMT e CT Reguengo no concello de Quintela de Leirado (expediente IN407A 2012/19-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: San Miguel 2000 Distribución Eléctrica, S.L.U.

Domicilio social: rúa A Coruña, 20, baixo, 36700 Tui.

Denominación: LMT e CT Reguengo.

Situación: Quintela de Leirado.

Características técnicas: LMT aerosubterránea a 20 kV de 552,55 m en aéreo, con condutor LA-56 e 130 m en subterráneo con condutor RHZ1 e orixe na LMT ao grupo escolar e remate no CT prefabricado en caseta CT Reguengo, Redemuíños, de 250 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 77.778,41 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Ourense, 14 de setembro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense