Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2012 Páx. 39885

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (234/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Loredana Gómez Couceiro contra Expansión del Noroeste, S.L., o Fogasa e José Pazos Pazos, en reclamación por ordinario, rexistrado co nº 234/2010, se acordou notificarlle a Expansión del Noroeste, S.L., en paradoiro ignorado, a resolución da sentenza:

«Resolvo que, aceptando en parte a demanda interposta por Loredana Gómez Couceiro contra a empresa Expansión del Noroeste, S.L., condeno a esta a que lle aboe a cantidade de catro mil catrocentos sesenta e cinco euros con dezanove céntimos (4.465,19 €).

Así mesmo, absolvo a José Pazos Pazos e o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria deste último nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. De ser recorrente, a empresa demandada deberá acreditar, mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo, ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; podendo substituír a consignación en metálico pola aseguranza mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptiva para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, líbrase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe.

E para que lle sirva de citación a Expansión del Noroeste, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 1 de outubro de 2012

A secretaria xudicial