Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2012 Páx. 39883

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1029/2011).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1029/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sonia Pazos Manteiga, Lidia Nieves Esteo del Hoyo, María Carmen Brandon Negreira e María Lurdes Pallas Díaz contra a empresa Confecciones Teruca, S.L., a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), o Instituto Nacional da Seguridade Social, a administración concursal de Confecciones Teruca, S.L., o Fogasa e Mutua MC Mutual, sobre Seguridade Social, ditouse sentenza o 24 setembro de 2012, cuxa resolución se xunta:

«Decido que, estimando as pretensións da demanda formulada por Lidia Nieves Esteo del Hoyo (40865465-P), Sonia Pazos Manteiga (47352419-L), Mª del Carmen Brandon Negreira (79319337-L) e María Lourdes Pallas Díaz (52433959-L), contra o INSS, a TXSS, a Mutua MC Mutual, a empresa Confecciones Teruca, S.L., e a administración concursal da empresa Confecciones Teruca, S.L., debo declarar e declaro o dereito das demandantes a percibir o subsidio de IT do 4º a 15º día, ambos os dous incluídos, coa conseguinte condena da empresa ao pagamento da devandita prestación na contía de 232,32 euros para as Sras. Esteo e Brandón, 231,84 euros para a Sra. Pazos e 239,16 euros para a Sra. Pallas, debendo anticipar a Mutua o devandito pagamento, sen prexuízo do seu dereito a reintegrarse con cargo ao empresario, con responsabilidade subsidiaria do INSS, só para o caso de insolvencia da Mutua.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso de suplicación, por canto a contía litixiosa non excede 3.000 euros (art. 191.2.g LRXS).

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola xuíza que a subscribe, celebrando audiencia pública no día da súa data. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Confecciones Teruca, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de setembro de 2012

A secretaria xudicial