Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2012 Páx. 39878

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (567/2012).

Nº de autos: despedimento obxectivo individual 567/2012.

Demandante: José Antonio Medín Vilaboy.

Avogado: David Núñez Bonome.

Demandados: Construccións e Reformas Dubra, S.L. e Fogasa.

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 567/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Antonio Medín Vilaboy contra a empresa Construccións e Reformas Dubra, S.L., sobre despedimento, se ditou sentenza o 20 de setembro de 2012, cuxa decisión se xunta:

«Decido:

1) Que debo estimar e estimo a demanda formulada por José Antonio Medín Vilaboy, con DNI 47373091Z, contra a empresa Construccións e Reformas Dubra, S.L.N.E., e cualifico como improcedente o despedimento do 3.4.2012, e ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral do demandante coa empresa demandada, con efectos a data de hoxe, día 20.9.2012, e condeno a dita empresa a estar e pasar por tal declaración, e a que lle aboe ao traballador a suma de 15.927,42 €, en concepto de indemnización polo despedimento.

2) Que estimando integramente a reclamación de cantidade acumulada en demanda por José Antonio Medín Vilaboy, con DNI 47373091Z contra a empresa Construccións e Reformas Dubra, S.L.N.E., debo declarar e declaro que procede e condeno a demandada a que lle aboe ao demandante a cantidade de 18.234,61 €, polos conceptos que se especifican no feito probado terceiro da presente resolución, máis o xuro por mora do 10 %.

Notifíqueselle a presente sentenza ás partes e fágaselles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se anunciará mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da súa notificación. De ser recorrente, a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición perante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 60) na conta deste xulgado. A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista e deberase acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 65) a consignación da suma de 300 euros preceptivas para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola xuíza que a subscribe, realizando audiencia pública no día da súa data. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construccións e Reformas Dubra, S.L., en ignorado paradoiro, expido la presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de setembro de 2012

A secretaria xudicial