Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2012 Páx. 39880

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (157/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 157/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Huberto Pérez Roca contra a empresa Nueva Despensa, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte sentenza o 24 de setembro de 2012, cuxo ditame se xunta:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Huberto Pérez Roca, con DNI 32360912-G, contra a empresa Nueva Despensa, S.L., debo declarar e declaro que esta procede e condeno a demandada a que lle aboe ao demandante a suma de 3.330,64 euros, máis o xuro por demora do 10 %.

Notifíquese a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se anunciará mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 60) na conta deste xulgado, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, en que se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 65) a consignación da suma de 300 euros preceptiva para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola xuíza que a subscribe, realizando audiencia pública no día da súa data. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Nueva Despensa, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de setembro de 2012

A secretaria xudicial