Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2012 Páx. 39709

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (351/2012).

Neste órgano xudicial tramítase recurso de apelación (LACN) 351/2012, seguido por instancia de María José Amil Ramírez, contra Willian Germinari Castellano e o Ministerio Fiscal, no cal se ditou sentenza o 11 de setembro de 2012, co seguinte contido:

«A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados Francisco Javier Menéndez Estébanez, María Begoña Rodríguez González e Jacinto José Pérez Benítez, ditou, en nome do rei, a seguinte sentenza, número 442.

En Pontevedra o once de setembro de dous mil doce.

Vistos en grao de apelación perante esta Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra os autos de divorcio 237/11, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Estrada, aos cales correspondeu a peza número 351/12, en que aparece como parte apelante-demandante María José Amil Ramírez, representada pola procuradora Raquel Puente Fernández, e asistida polo letrado José Basanta Collazo, e como parte apelada-demandada Wiliam Germinari Castellano, en rebeldía, e o Ministerio Fiscal, e é relator o maxistrado Jacinto José Pérez Benítez, quen expresa o parecer da sala.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Decidimos que estimamos o recurso de apelación deducido pola representación procesual de María José Amil Rodríguez contra a sentenza ditada nos autos de divorcio rexistrados baixo o número 237/2011 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada e, en consecuencia, procede determinar na suma mensual de 200 euros o importe da pensión alimenticia que debe aboar o demandado á súa filla menor, manténdose o resto de pronunciamentos da sentenza impugnada, sen especial pronunciamento en materia de custas.

Así por esta nosa sentenza, da que se levará testemuño á peza da sala e será notificada en legal forma ás partes, con suxeición ao prevido no artigo 248.4 da Lei orgánica do poder xudicial, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Seguen as rúbricas. Certifico».

O inserido concorda ben e fielmente co seu orixinal ao cal me remito en caso necesario, para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a William Germinari Castellano, expido e asino o presente testemuño.

Pontevedra, 17 de setembro 2012

María Jesús Prieto Toranzo
Secretaria xudicial