Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2012 Páx. 39708

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2012 pola que se corrixe un erro advertido na do 24 de setembro de 2012 pola que se convocaba a provisión, polo sistema de libre designación, de catro postos vacantes do cadro de persoal funcionario de administración e servizos.

Advertido un erro no texto da Resolución do 24 de setembro de 2012, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 191, do venres 5 de outubro de 2012, cómpre facer a seguinte corrección:

No anexo I da citada resolución, onde di:

«Denominación do posto: secretaría de dirección da Vicerreitoría de Relacións Exteriores e Internacionalización.

Número de praza: PF000867».

Debe dicir:

«Denominación do posto: secretaría de dirección da Vicerreitoría de Relacións Exteriores e Internacionalización.

Número de praza: PF000868».

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2012

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela