Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2012 Páx. 39711

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (689/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 689/2010 por instancia de Carmen María Calvo Añón contra a empresa Supublicidad 24 Horas, S.L. sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 5.9.2012, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que se estima a demanda interposta por Carmen María Calvo Añón fronte a Supublicidad 24 Horas, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Supublicidad 24 Horas, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de dous mil cincocentos sesenta euros con corenta e sete céntimos de euro (2.560,47 euros).

Notifíqueselles a resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Supublicidad 24 Horas, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 18 de setembro de 2012

A secretaria xudicial