Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39562

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Val do Dubra

ANUNCIO de información pública sobre declaración de situación legal en fóra de ordenación total de varias construcións.

Alfredo Muíño Viña solicitou nesta Alcaldía licenza municipal para instar a declaración de incursión na situación legal de fóra de ordenación total de tres naves e un pendello no lugar do Foxo número 6, da parroquia de Rial, deste termo municipal. Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de 20 días hábiles, co fin de que durante este prazo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

Val do Dubra, 24 de setembro de 2012

Ramón Camilo Varela Mariño
Alcalde