Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39561

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

ANUNCIO de información pública para a instalación dunha estabulación libre de gando vacún e obras anexas.

Ganadería Cakelo, S.C. solicitou desta alcaldía licenza municipal de actividade para a instalación dunha estabulación libre de gando vacún de leite, sala de muxidura, obras anexas e fosa de xurro, que se situará no lugar e parroquia de Fontecada. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo (que comezará a contar desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia) as persoas que se consideren afectadas dalgún xeito pola actividade que se pretende instalar, poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello e formular as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Santa Comba, 10 de setembro de 2012

Antonio M. Landeira Gallardo
Alcalde