Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39560

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Samos

ANUNCIO de información pública relativo á ampliación dunhas instalacións agrícolas.

Marcos López Abad, en representación de Ganadería Lebón, S.C., solicitou nesta Alcaldía licenza para obras de ampliación de instalación agrícolas existentes, almacén de forraxe, corte e fosa de xurro en Suñide, Samos. Cumprindo o disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este período, que comezará a contar desde o día seguinte ao da última públicación deste edicto no DOG e no BOP, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

Samos, 20 de setembro de 2012

Julio Gallego Moure
Alcalde