Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39559

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da aprobación inicial da addenda nº 7 ao inventario de camiños do concello do Porriño.

O Pleno da Corporación Municipal, na sesión ordinaria do 28 de xuño de 2012, aprobou inicialmente a addenda nº 7 ao inventario de camiños mediante acordo que ten o seguinte contido literal.

«1º Aprobar incialmente a addenda ao inventario de camiños co seguinte contido:

– Inclusión no inventario do camiño denominado co número 1491, presentado por Jesús Bugarín Martínez.

2º Inscribir no rexistro da propiedade a presente modificación do inventario municipal de bens inmobles».

O que se fai público para o xeral coñecemento para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que coiden convenientes no prazo de 30 días, en cumprimento do estipulado pola lexislación vixente.

O Porriño, 10 de setembro de 2012

Marcelino Coto Troncoso
Concelleiro delegado