Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39558

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da aprobación inicial da addenda nº 8 ao inventario de camiños deste concello.

O Pleno da Corporación Municipal, na sesión ordinaria do 28 de xuño de 2012, aprobou inicialmente a addenda nº 8 ao inventario de camiños mediante acordo que ten o seguinte contido literal:

«1º Aprobar inicialmente a addenda ao inventario de camiños co seguinte contido:

– Ampliación do trazado do camiño denominado co número 022, presentado por Isolina Carmen Pérez Rodríguez.

– Inclusión no inventario do camiño denominado co número 3511, presentado por Carmen Leiras Grandal.

– Inclusión no inventario do camiño denominado co número 6182, presentado por María Ángeles Hermida Penerbosa.

– Inclusión no inventario do camiño denominado co número 6183, presentado por María Ángeles Hermida Penerbosa.

2º Inscribir no rexistro da propiedade a presente modificación do inventario municipal de bens inmobles».

O que se fai público para o xeral coñecemento para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que coiden convenientes no prazo de 30 días, en cumprimento do estipulado pola lexislación vixente.

O Porriño, 10 de setembro de 2012

Marcelino Coto Troncoso
Concelleiro delegado