Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39557

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de información pública sobre instalación de forno crematorio e acondicionamento de parcela para aparcadoiro no tanatorio de Santo Amaro.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese ao correspondente trámite de información pública o expediente nº 27631/08, tramitado por instancia de Tanatorio San Mauro, S.L., de licenza municipal de obras de reforma da planta soto para instalación de forno-crematorio e acondicionamento de parcela anexa para aparcadoiro no tanatorio de Santo Amaro, sito na rúa Camposanto en Pontevedra, de modo que durante un prazo de vinte días poderán presentarse alegacións en relación coa solicitude formulada e consultar o expediente no Servizo de Urbanismo do Concello de Pontevedra.

Pontevedra, 4 de outubro de 2012

Antonio Louro Goyanes
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo