Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39556

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pereiro de Aguiar

ANUNCIO de información pública sobre licenza para taller de reparación de automóbiles.

Manuel Pérez González, con DNI 34901559-W, presentou neste concello solicitude de licenza para taller de reparación de automóbiles, no baixo da vivenda sita na parcela 338, polígono 43 do Catastro de rústica deste termo municipal, na Medorra, parroquia de Santa Marta de Moreiras, expediente número 1807/12/AC.

De conformidade co disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente referenciado, durante un prazo de vinte días contado desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para os efectos de que se poida examinar na Secretaría deste concello e de que os interesados formulen as alegacións que xulguen oportunas.

O Pereiro de Aguiar, 24 de setembro de 2012

Eliseo Fernández Gómez
Alcalde