Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39555

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública de solicitude de licenza de instalación de almacén de biocidas e produtos de limpeza con acceso de vehículos para carga e descarga (expediente 310/12).

Luis Gabriel Quintana Quintela solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación de almacén de biocidas e produtos de limpeza con acceso de vehículos para carga e descarga na rúa Santo Graal nº 115, baixo.

En cumprimento do disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días, a fin de que durante este prazo –que empezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto– poidan examinar o expediente no Servizo de Licenzas as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se coiden oportunas.

Lugo, 5 de setembro de 2012

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo