Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39563

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de información pública relativo a un almacén de maquinaria e apeiros agrícolas.

José Luis Solla Dopazo solicitou licenza municipal de actividade para almacén de maquinaria e apeiros agrícolas, que se situará na rúa Perrón, Rubiáns. En cumprimento co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública, por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente no departamento de actividades clasificadas do Concello e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

Vilagarcía de Arousa, 13 de setembro de 2012

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde presidente