Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39564

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO polo que se fai público o proceso de alleamento dun ben patrimonial.

Por medio deste anuncio faise público que o Concello de Vilalba convoca unha poxa, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para o alleamento dos bens patrimoniais, inscritos no inventario cos números 50 e 51, respectivamente, o predio de 7.256 m2 situado na parcela 294, polígono 125, e a depuradora de augas residuais industriais aquí localizada, cun tipo de licitación de 55.704,71 euros, excluídos os impostos e mellorable á alza, segundo o estipulado na cláusula terceira do prego de cláusulas administrativas.

Os interesados poden acceder á información complementaria a través da plataforma de contratación pública de Galicia, perfil do contratante.

Vilalba, 10 de outubro de 2012

Gerardo Criado Guizán
Alcalde