Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39565

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2012 pola que se modifica a tarifa T7 para o peirao do Ramal.

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría, na súa sesión ordinaria do 30 de xullo de 2012, e á vista do informe da directora, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar a modificación da tarifa T7 para o peirao do Ramal. Ao resto de zonas da Autoridade Portuaria seguiránselles aplicando as tarifas actualmente en vigor.

O devandito acordo cos valores e condicións da tarifa T7, atópase publicado no seguinte enderezo: www.portovilagarcia.es e exposto no taboleiro de anuncios desta autoridade portuaria.

Vilagarcía de Arousa, 20 de setembro de 2012

Sagrario Franco Malvar Mª Celeste Muñiz Otero

Presidenta da Autoridade Portuaria Secretaria da Autoridade Portuaria

de Vilagarcía de Arousa e a súa ría de Vilagarcía de Arousa e a súa ría