Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2012 Páx. 39285

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 5 de outubro pola que se anuncia a contratación da xestión do comedor escolar do IES de Ribadeo durante o curso 2012/13.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para obter a información.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:.

1. Dependencia: Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e de Recursos Educativos Complementarios. Servizo de Xestión de Comedores Escolares dos Centros Docentes non Universitarios.

2. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4. Teléfonos: 881 99 51 88/981 54 54 80/981 54 44 61/981 54 44 28.

5. Telefax: 981 54 54 43.

6. Correo electrónico: comedores.santiago@edu.xunta.es.

7. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18089.

8. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: xestión de servizos públicos.

b) Descrición: xestión de comedor escolar.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugares de execución: no IES de Ribadeo.

e) Prazo de execución: desde o seu asinamento ata o 30 de xuño de 2013.

f) Admisión de prórroga: poderase prorrogar ata o 30 de xuño de 2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto multicriterio.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 9 do PCAP.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 79.545,82 €. IVE (10 %) 7.954,58 €. Importe total: 87.500,40 €.

5. Garantías exixidas.

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do orzamento base da licitación, incluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: as especificadas na cláusula 5 do PCAP.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ata as 14.00 horas do oitavo día natural posterior ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día deste prazo cadra en sábado, o Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia permanecerá aberto ata as 14.00 horas.

Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama ou fax (981 54 54 43).

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia.

2. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: o sinalado nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura dos sobres B.

a) Enderezo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: o oitavo día hábil, contado desde o seguinte ao de rematar o prazo de presentación de ofertas, ás 10.00 horas. De coincidir este en sábado ou inhábil, efectuarase o primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos de publicidade.

Serán por conta do adxudicatario, a razón de 10,82 € por cada liña publicada.

10. Outros: condicións especiais de contratación.

De conformidade co establecido no artigo 118 do TRLCSP, o Programa de promoción da saúde, promoción de hábitos alimentarios saudables e desenvolvemento das habilidades persoais do alumnado e a cobertura de riscos de responsabilidade civil e intoxicación alimentaria considéranse condicións especiais de contratación, coas implicacións establecidas na cláusula 12.2 do PCAP.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2012

Jesús Oitaven Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria