Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2012 Páx. 39282

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 5 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Comercio, polo que se notifican uns requirimentos de documentación que se deben presentar xunto coa solicitude no expediente IN 219A/2012-48, no marco da Orde do 21 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro, para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia, en desenvolvemento do plan Ágora, Agora Re-comercia 2010-2013, e se procede á súa convocatoria (DOG número 104, do 1 de xuño), modificada pola Orde do 21 de xuño de 2012, de modificación do artigo 2.2 da Orde do 21 de maio de 2012 (DOG número 124, do 29 de xuño).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselle á interesada que se sinala no anexo deste anuncio uns requirimentos de documentación que debe presentar xunto coa solicitude no expediente IN 219A/2012-48, no marco da Orde do 21 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro, para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia, en desenvolvemento do plan Ágora, Agora Re-comercia 2010-2013 e se procede a súa convocatoria (DOG núm. 104, do 1 de xuño), modificada pola Orde do 21 de xuño de 2012, de modificación do artigo 2.2 da Orde do 21 de maio de 2012 (DOG núm. 124, do 29 de xuño).

A documentación requirida é a que a seguir se relaciona:

– Certificado expedido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria acreditativa de estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias co Estado, e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto coa dita axencia.

– Orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades para as que se solicita subvención, e factura ou, no seu defecto, factura pro forma da actividade ou adquisición que se subvenciona por quen vaia subministrar o ben ou prestar o servizo, así como plan de financiamento do proxecto.

Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público para o contrato menor (50.000 euros no suposto de execución de obra ou 18.000 euros nos demais supostos) o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, á prestación do servizo ou á entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren ou agás que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.

A elección entre as ofertas presentadas, que deberá achegarse na xustificación, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. Considerando o anterior, deberá achegarse a documentación disposta nos parágrafos seguintes:

– Copia ordenada de todos e cada un dos orzamentos e ofertas detalladas dos investimentos sobre os que se solicita a axuda, obtidos dos provedores seleccionados pola entidade solicitante, con independencia da contía dos investimentos.

– Copia ordenada de todos e cada un dos orzamentos e ofertas que non foron seleccionadas pola entidade solicitante para a realización do proxecto.

– Memoria económica xustificativa da elección dos provedores, nos seguintes casos:

• Cando a elección do provedor non recaia na oferta económica máis vantaxosa, das tres que como mínimo obtivo a entidade solicitante.

• Cando polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.

Non existe a obriga de presentar esta memoria xustificativa cando a elección do provedor recaia na oferta económica máis vantaxosa das tres que, como mínimo, obtivo a entidade solicitante.

As ofertas presentadas e os provedores elixidos supoñen unha documentación vinculante para o desenvolvemento do proxecto no caso de ser entidade beneficiaria da axuda. Non se considerarán subvencionables, parcial ou totalmente, aqueles investimentos dos que non se presente documentación económica completa conforme o disposto.

– Certificado expedido pola persoa que exerza a secretaría ou representación da entidade que acredite o número de membros asociados dados de alta e número de comercios polo miúdo, dos que se achegará relación detallada e actualizada, en soporte informático, con inclusión do nome da persoa titular e do establecemento, así como as epígrafes do IAE en que figura dado de alta, enderezo postal e telefónico, concretando, se é o caso, as empresas ou entidades participantes no proxecto e actuacións que se van desenvolver.

– Contrato do xerente da asociación.

– Informe da mesa local de comercio correspondente, sobre o proxecto de dinamización comercial obxecto de solicitude de concesión de subvención, de conformidade co disposto no artigo 3.b) do Decreto 183/2011, do 15 de setembro, polo que se regulan as mesas locais de comercio.

A documentación sinalada deberá ser presentada en orixinal ou copia compulsada no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, de acordo co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e, de non facelo, entenderase que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, co obxecto que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2012

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

Expediente: IN219A/2012-48.

Interesada: Asociación de Comerciantes y Profesionales Zona Príncipe.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Último enderezo coñecido: rúa Príncipe, 51, 1º, of. 10, 36202 Vigo (Pontevedra).