Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2012 Páx. 39281

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 24 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución de caducidade do permiso de investigación Carolina, número 5551 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícanselles ás empresas que se relacionan no anexo as resolucións, do secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria, de caducidade dos permisos de investigación pola causa prevista no artigo 85.2 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas (por expiraren os prazos polos cales foron outorgados, se for o caso, as prórrogas concedidas, a non ser que dentro dos ditos prazos se solicitase a concesión de explotación derivada, suposto en que quedará automaticamente prorrogado o permiso ata a resolución do expediente de concesión), xa que, intentada polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar ao seren devoltos polo servizo de Correos.

Os interesados poderán interpoñer contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente.

Lugo, 24 de setembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Permiso de investigación

Número

Cuadrículas caducadas

Titular

Domicilio

Carolina

5551

56

Francisco Serradilla Vallinas e Francisco Pardo Prada

Rúa Dos de Mayo, 32-1º esqda.

24400 Ponferrada (León)

La Esperanza

5690

44

Galicia en Europa, S.A.

Rúa Nicomedes Pastor Díaz,

6-1º I. 15006 A Coruña

La Esperanza, frac. 2ª

5690.2

6

Galicia en Europa, S.A.

Rúa Nicomedes Pastor Díaz,

16-1º I. 15006 A Coruña

Rodeiro

5700

48

Fernando Blanco Gómez e

Manuel Pereira Rodríguez

Rúa Xeneral Franco, 16.

27400 Monforte de Lemos (Lugo)