Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2012 Páx. 39280

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica en Eiras de Santiso, concello do Pino (expediente IN407A 2011/117-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións denominadas LMTS, CTC, RBT Eiras de Santiso (expediente IN407A 2011/117-1) por Resolución desta xefatura territorial do 2 de outubro de 2012, a favor da entidade beneficiaria Unión Distribuidores Electricidad, S.A. con enderezo na rúa Miguel Ángel Valente, 17, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 31 de outubro de 2012 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello do Pino, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 10 de xullo de 2012, BOP do 13 de xullo, e no diario La Voz de Galicia do 13 de xullo, acto a que deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectadas, aos cales se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa consistorial.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 9 de outubro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territoral da Coruña