Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2012 Páx. 39288

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de explotación da cafetaría na Residencia de Maiores As Gándaras de Lugo e da cafetaría no Centro Sociocomunitario de Ribadeo (Lugo).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

2. Enderezo: rolda da Muralla, 70 baixo, 27071 Lugo.

3. Teléfono: 982 29 41 01.

4. Fax: 982 29 49 74.

5. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es

6. Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

d) Nº de expedientes: 72/2012 e 73/2012.

2. Obxecto dos contratos:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición:

Expte. 72/2012. Contratación do servizo de explotación da cafetaría na Residencia de Maiores As Gándaras de Lugo.

Expte. 73/2012. Contratación do servizo de explotación da cafetaría no Centro Sociocomunitario de Ribadeo (Lugo).

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución:

Expte. 72/2012. Residencia de Maiores As Gándaras, rúa das Gándaras s/n, 27003 Lugo.

Expte. 73/2012. Centro Sociocomunitario de Ribadeo, rúa Ibáñez s/n, 27700 Ribadeo (Lugo).

e) Prazo de execución: un ano.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 55330000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver pregos.

4. Canon de licitación:

Expte. 72/2012. Cafetaría da Residencia de Maiores As Gándaras: 1.500,00 € anuais.

Expte. 73/2012. Cafetaría do Centro Sociocomunitario de Ribadeo: 500,00 € anuais.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva:

Expte. 72/2012. Cafetaría da Residencia de Maiores As Gándaras: 3.000,00 € .

Expte. 73/2012. Cafetaría do Centro Sociocomunitario de Ribadeo: 1.000,00 €.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: ver pregos.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70 baixo, 27071 Lugo.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Xefatura Territorial de Lugo, na hora e a data que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/

9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 19 de setembro de 2012

P.D. (Orde 19.8.2009)
Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo