Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2012 Páx. 39150

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 28 de setembro de 2012, da Xefatura do Servizo de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador número PO-S-69/2011, por infracción administrativa en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que se cita a continuación o acordo de incoación ditado pola Xefatura do Servizo de Turismo de Pontevedra do expediente sancionador en materia de turismo número PO-S-69/2011, por infracción administrativa da Lei 14/2008, do 3 de decembro, do turismo de Galicia, modificada pola Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos do mercado interior, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

Advírteselle ao titular do establecemento denunciado que, de conformidade co artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, para o caso de no efectuar alegacións no prazo de quince días, e tendo en conta que o devandito acordo contén un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade que se lle imputa, poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: PO-S-69/2011.

Titular sancionado: José Carlos Barros Romero.

Establecemento: Bar Apache.

Enderezo: Guillarei, Sobredo, 73, Tui.

Concello: Tui.

Data de incoación: 14 de marzo de 2012.

Feitos imputados:

1. Incumprir o deber de exhibir os distintivos, carteis, lista de prezos e a documentación exixida pola normativa turística, así como exhibilos sen as formalidades requiridas.

2. Non dispoñer de follas de reclamación turísticas.

Sanción proposta: 900 euros, sen prexuízo do que poida resultar da fase instrutora.

Pontevedra, 28 de setembro de 2012

Mª Ángeles Herrero Pérez
Xefa do Servizo de Turismo