Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2012 Páx. 39152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 17 de setembro de 2012, da xefa do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente LU-01053-O-2012 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Fáiselles saber o dereito que os asiste de alegaren por escrito ante este Servizo de Mobilidade o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran quince días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 25 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Lugo, 17 de setembro de 2012

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Lugo

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-DNI/CIF

-Último enderezo coñecido

-Infracción denunciada

-Data-Hora-Estrada-p.q.

-Precepto cualificador

-Precepto sancionador

-Sanción proposta

LU-01053-O-2012

4986-FFF

Garda Civil 2701 X17237T

Señalizaciones Alicante, S.L.

B54422738

Doce Puentes, 11, esc. 3, 8º E

03008 Alicante/Alacant

Non pasar a revisión periódica do tacógrafo ou non ter realizado a primeira calibración do tacógrafo dixital tendo transcorrido máis de dúas semanas tras a instalación ou tras a matriculación se esta é posterior.

14.5.2012; 16.15.00; N-540; 13,500

Art. 141.5 LOTT, art. 198.5 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT, art. 201.1.f) ROTT

1.501 euros

LU-01197-O-2012

7393BZF

Garda Civil 2704 Z476004

Monteiro y Seivane, S.L.

B15826282

A Insua, 1

15314 Paderne (A Coruña)

Realizar transporte público de mercadorías en vehículo pesado carecendo de autorización.

7.6.2012; 07.30.00; AG64; 55,000

Art. 140.1.9 LOTT, art. 197.1.9 ROTT

Art. 143.1.i) LOTT, art. 201.1.i) ROTT

4.601 euros

LU-01389-O-2012

B-9005-TW

Garda Civil 2703 X50746J

Milagros dos Santos Flores

76777265E

Sobreviñas

15200 Noia (ACoruña)

Non pasar a revisión periódica do tacógrafo ou non ter realizado a primeira calibración do tacógrafo dixital tendo transcorrido máis de dúas semanas tras a instalación ou tras a matriculación se esta é posterior.

14.7.2012; 16.45.00; LU-617: 1,300

Art. 141.5 LOTT, art. 198.5 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT, art. 201.1.f) ROTT

1.501 euros