Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38503

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

ANUNCIO de modificación puntual das normas subsidiarias para a delimitación do núcleo rural de Francos-Penelas-Barciela.

Con data do 14 de novembro de 2011, o alcalde remitiu ao órgano ambiental o anteproxecto de modificacion puntual das normas subsidiarias do Concello de Outeiro de Rei para a delimitación do núcleo rural de Francos-Penelas-Barciela e modificación de ordenanzas, disposicións de carácter xeral e réxime de aplicación a edificacións fóra de ordenación.

Ante a inminencia da aprobación inicial da modificación proxectada, e ao abeiro do artigo 77 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, considérase conveniente suspender o outorgamento de licenzas no ámbito do suelo urbanizable do núcleo da parroquia de Robra e, con iso, evitar actuacións que dificulten no futuro a efectiva implantación da ordenación proxectada.

Á vista do anterior, o Pleno da Corporación, en sesión plenaria de data do 7 de setembro de 2012, acordou suspender o outorgamento de licenzas urbanísticas de nova edificación, parcelación e legalización no ámbito territorial comprendido dentro da delimitación do actual solo urbanizable existente na parroquia de Robra.

O citado acordo pon fin á vía administrativa, e poderá ser impugnado ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza no prazo de dous meses desde a práctica da presente publicación.

Outeiro de Rei, 11 de setembro de 2012

José Pardo Lombao
Alcalde